{"id":11064,"date":"2011-03-28T00:00:14","date_gmt":"2011-03-27T22:00:14","guid":{"rendered":"http:\/\/www.transcend.org\/tms\/?p=11064"},"modified":"2011-03-23T18:38:24","modified_gmt":"2011-03-23T17:38:24","slug":"galego-declaracion-institucional-do-seminario-galego-de-educacion-para-a-paz-en-relacion-co-ataque-militar-a-libia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2011\/03\/galego-declaracion-institucional-do-seminario-galego-de-educacion-para-a-paz-en-relacion-co-ataque-militar-a-libia\/","title":{"rendered":"(Galego) Declaracion Institucional do Seminario Galego de Educacion para a Paz en Relaci\u00f3n co Ataque Militar a Libia"},"content":{"rendered":"<p>Nos \u00faltimos meses diversos levantamentos populares no Norte de \u00c1frica, inicialmente en T\u00fanez e logo en Exipto, abriron as esperanzas  de mill\u00f3ns de persoas en todo o mundo. A chamada <em>Primavera \u00c1rabe<\/em>, protagonizada polas respectivas sociedades civ\u00eds, particularmente, polos mozos e a trav\u00e9s das redes sociais, de maneira pac\u00edfica e nonviolenta, conseguiron superar d\u00e9cadas de represi\u00f3n, inxustiza, desigualdade e pobreza. A revolta Libia inspirouse na experiencia tunecina e exipcia, exemplos destacados de victorias pac\u00edficas sobre rex\u00edmenes corruptos. Sen embargo, no caso libio, a crueldade sen fisuras do r\u00e9xime do coronel Gadafi contra o seu propio pobo, derivou nunha militarizaci\u00f3n do conflito e nunha aut\u00e9ntica guerra civil.<\/p>\n<p>A aprobaci\u00f3n da Resoluci\u00f3n 1973 polas Naci\u00f3ns Unidas, a decisi\u00f3n de impo\u00f1er -pola forza- unha zona de exclusi\u00f3n \u00e1erea, aprobada polo Consello de Seguridade da ONU, dalle legalidade a unha actuaci\u00f3n que pretende, ademais, protexer \u00e1 poboaci\u00f3n civil libia, un obxectivo loable que compartimos, neste caso, como en tantos outros que viven situaci\u00f3ns similares e nos que a comunidade internacional, lamentablemente, non act\u00faa. Esta manifesta contradicci\u00f3n, e a continuidade dos ataques, fainos sospeitar, con raz\u00f3n, que existen outros intereses e diferentes criterios de medir \u00e1 hora de analizar os perigos para a poboaci\u00f3n civil no mundo.<\/p>\n<p>Desde a nosa perspectiva, sen embargo, consideramos que a ONU e os pa\u00edses occidentais, os que lideran a intervenci\u00f3n militar, non agotaron previamente todas as medidas de presi\u00f3n sobre o r\u00e9xime libio. Todo o contario, ata ben hai pouco, vend\u00edanlle armamento convencional sen limitaci\u00f3n algunha, d\u00e1banlle todos os parab\u00e9ns nas canciller\u00edas, e reco\u00f1ec\u00edan o seu destacado papel no norte de Africa e no Mediterr\u00e1neo, mantendo un silencio sepulcral en relaci\u00f3n coa violaci\u00f3n sistem\u00e1tica dos dereitos humanos, as detenci\u00f3ns masivas, as torturas, ou a apropiaci\u00f3n dos beneficios do petr\u00f3leo e o gas.<\/p>\n<p>Para n\u00f3s, como para as redes nacionais e internacionais das que formamos parte, de educaci\u00f3n e de investigaci\u00f3n para a paz, Naci\u00f3ns Unidas ten que facer efectivo o mandato que establece a responsabilidade de protexer \u00e1 poboaci\u00f3n civil comprometendo a apertura de negociaci\u00f3ns entre as partes en conflito, procurar un alto o fogo real e multilateral e propiciar acordos pol\u00edticos sobre a base dos principios da democracia representativa. Neste sentido, o secretario xeral da ONU e grandes personalidades internacionais, respetadas e reco\u00f1ecidas polas partes, inclu\u00eddas obviamente as musulm\u00e1s, deber\u00edan formar parte de calquera tipo de conversas de paz.<\/p>\n<p>Ramatar canto antes os ataques a\u00e9reos, limitar \u00f3 m\u00e1ximo a agresi\u00f3n, interpo\u00f1er de inmediato forzas de vixianza de paz das Naci\u00f3ns Unidas e retomar o papel da diplomacia, deberan ser obxectivos da comunidade internacional.<\/p>\n<p>Non \u00e9 a\u00ednda demasiado tarde para evitar que o conflito apodreza e mante\u00f1a, por moito tempo, a guerra e a violencia; para impedir unha partici\u00f3n artificial do territorio e a apropiaci\u00f3n cobizosa das riquezas petrol\u00edferas e gas\u00edsticas, directa ou indirectamente, mantendo gobernos t\u00edteres ou protectorados occidentais.<\/p>\n<p>A mobilizaci\u00f3n social contra da guerra \u00e9 un dereito lex\u00edtimo da nosa sociedade, con independencia da decisi\u00f3n maioritaria tomada polo Congreso dos Deputados de respaldar a intervenci\u00f3n, coas excepci\u00f3ns do BNG e de IU.<\/p>\n<p>Urximos \u00e1 contestaci\u00f3n social, a recuperar o esp\u00edritu do \u201c<strong>Non \u00e1 guerra<\/strong>\u201d, en contra das intervenci\u00f3ns militares e a favor das soluci\u00f3ns negociadas.<\/p>\n<p>Urxen unhas Naci\u00f3ns Unidas renovadas e profundamente transformadas para facer efectiva a s\u00faa Carta Constitu\u00ednte. Non poden continuar cinco membros permanentes do Consello de Seguridade patrullando o mundo como si estiveramos en 1945. Non podemos seguir tolerando o despilfarro armament\u00edstico, m\u00e1is de 4.000 mill\u00f3ns de d\u00f3lares diarios mentres a crise financieira sacude \u00f3s sectores m\u00e1is febles e desfavorecidos do planeta.<\/p>\n<p>Para o<strong> Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz<\/strong> as prioridades son as seguintes: necesitamos reducir o armamentismo para desenvolver \u00f3s pobos. As necesidades humanas son a principal prioridade. O mundo debe acadar os Obxectivos do Milenio dicindo non \u00e1 priorizaci\u00f3n do militarismo e a carreira de armamentos.<\/p>\n<p>Temos que asumir, dunha vez por todas, que a democracia non pode ser imposta por medio de bombas e mis\u00eds, que as matanzas non se evitan provocando m\u00e1is masacres. Os tempos son chegados de colaborar cos movementos democr\u00e1ticos dos pobos, de impulsar as reformas, de axudar e compartir, de facer efectiva a solidariedade, de contru\u00edr sociedades baseadas na Cultura da Paz, como desexan os pobos e as sociedades civ\u00eds en todo o mundo, e como tam\u00e9n  proclama Naci\u00f3ns Unidas.<\/p>\n<p>Que ningu\u00e9n nos acuse do delito de silencio.<\/p>\n<p>\u00c9 tempo de acci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>O Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz apoiar\u00e1 todas as mobilizaci\u00f3ns pac\u00edficas e nonviolentas convocadas para manifestar a oposici\u00f3n \u00e1 intervenci\u00f3n militar en Libia e convocar\u00e1 \u00e1 Coordinadora Galega pola Paz co fin de acordar acci\u00f3ns unitarias nesta direcci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n<p>Manuel Dios Diz<br \/>\nPresidente<br \/>\nSeminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz<br \/>\nFUNDACION CULTURA DE PAZ<br \/>\nwww.sgep.org<br \/>\nTfno: 981-554053<br \/>\nR\u00faa do Vali\u00f1o 13-1\u00ba<br \/>\n15703- SANTIAGO DE COMPOSTELA<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz apoiar\u00e1 todas as mobilizaci\u00f3ns pac\u00edficas e nonviolentas convocadas para manifestar a oposici\u00f3n \u00e1 intervenci\u00f3n militar en Libia e convocar\u00e1 \u00e1 Coordinadora Galega pola Paz co fin de acordar acci\u00f3ns unitarias nesta direcci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-11064","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-original-languages"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11064","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11064"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11064\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11064"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11064"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11064"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}