{"id":1369,"date":"2008-10-16T00:00:00","date_gmt":"2008-10-16T00:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/localhost\/wordpress\/2008\/10\/galego-mestra-aprendeme-a-mirar\/"},"modified":"2008-10-16T00:00:00","modified_gmt":"2008-10-16T00:00:00","slug":"galego-mestra-aprendeme-a-mirar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2008\/10\/galego-mestra-aprendeme-a-mirar\/","title":{"rendered":"(GALEGO)  ?MESTRA, APRENDEME A MIRAR!"},"content":{"rendered":"<p>Parece unha moda, unha constante, unha estratexia de marketing perfectamente dese&ntilde;ada. Tr&aacute;tase de cargar contra da xuventude en xeral, en ocasi&oacute;ns mesmo demonizando, cando non criminalizando, os seus comportamentos e condutas, unha triste reacci&oacute;n do chamado &ldquo;mundo viejuno&rdquo; respecto das novas xeraci&oacute;ns, un deporte de fonda tradici&oacute;n e moi popular. Xa S&oacute;crates (470-399 a.d.C.) acusaba &oacute;s mozos da s&uacute;a &eacute;poca de ser uns tiranos, de contradicir &oacute;s seus pais, de devorala comida e de faltar &oacute; respecto dos seus mestres&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Con ocasi&oacute;n ou sen ela, editoriais prestixiosas, sisudos analistas, tertulianos de pro, psic&oacute;logos cl&iacute;nicos preocupados pola s&uacute;a carteira de clientes&#8230;, realizan informes e estudios peri&oacute;dicos que chegan &oacute;s medios con titulares de trazo groso, entradi&ntilde;as alarmantes, f&aacute;ciles de dixerir, sen necesidade de profundar na letra mi&uacute;da, que sementan alarma, sorpresa e crean opini&oacute;n.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Est&aacute;monos a referir a ideas como: &ldquo;O alumnado de agora &eacute; peor que o de antes&rdquo;, &ldquo;a escola actual esquece o esforzo&rdquo;, &ldquo;os mestres non te&ntilde;en autoridade&rdquo;, &ldquo;nos institutos non hai disciplina&rdquo;, &ldquo;os mozos de hoxe son m&aacute;is violentos&rdquo;, &ldquo;os niveis de esixencia baixaron&rdquo;&#8230; e as&iacute; sucesiva e reiteradamente.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Estas mensaxes, en ocasi&oacute;ns no medio doutros discursos, non podemos interpretalas, unicamente, como o reflexo dun conflito interxeracional, a&iacute;nda que te&ntilde;a moito disto. Cando repetimos que os alumnos de hoxe son peores que os de antes, &iquest;que pretendemos?. &iquest;Responsabilizalos da s&uacute;a suposta vagancia, do seu desapego da cultura do esforzo, culpabilizalos?. &iquest;A eles, &aacute;s s&uacute;as familias, &aacute;s autoridades educativas, &oacute;s gobernos, &aacute; sociedade&#8230; &eacute; dicir, a todos e a ningu&eacute;n a un tempo?<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;En moitas ocasi&oacute;ns notamos un certo ricto de superioridade paternalista en relaci&oacute;n coas xeraci&oacute;ns que est&aacute;n chamadas a substitu&iacute;rnos, por lei natural, algo as&iacute; como unha pat&eacute;tica e in&uacute;til vinganza pola xuventude perdida e estra&ntilde;ada&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Pero quizais o primeiro que haber&iacute;a que clarificar &eacute; o que entendemos, o que interpreta cada qu&eacute;n por &ldquo;antes&rdquo;, esa muleti&ntilde;a, ese tan descontextualizado adverbio de tempo. &iquest;Antes de que?, &iquest;antes de cando?, &iquest;de canto antes estamos a falar? Hai 20, 30, 50, 100 anos?, &iquest;mil tal vez?.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Si identificamos &ldquo;antes&rdquo; cos tempos da nosa propia mocidade est&aacute; ben claro que estamos a dicir, sen rubor, que n&oacute;s mesmos, fomos, e somos mellores. Toma xa. Como inxecci&oacute;n de autoestima non est&aacute; nada mal. Ou o que &eacute; o mesmo: os nosos fillos, os nosos netos, son peores!!!. Para quedarnos, as&iacute;, tan anchos&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Pero, &iquest;peores en que?. &iquest;En co&ntilde;ecementos, en actitudes, en valores?. Como si os contidos das aprendizaxes fosen inmutables. Sinto ser tan simple, pero os alumnos e alumnas de hoxe nin son peores nin son mellores, son diferentes. Son o produto da sociedade na que viven, son tam&eacute;n o resultado da nosa propia actuaci&oacute;n como adultos, esa &eacute; a nosa responsabilidade. Porque a escola &eacute; un espello perfecto onde, moitas veces, non aceptamos vernos reflexados.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Os rapaces e rapazas que hoxe estudan nos colexios e institutos o fan no mellor sistema educativo da nosa historia, o que conta coas mellores condici&oacute;ns escolares. E viven nunha sociedade con niveis de renda, coberturas, acceso &aacute; cultura, ocio e tempo libre, como nunca houbo, en espazos de liberdade, democracia, seguridade e diversidade, innegables. E te&ntilde;en acceso &aacute; escolaridade todas e todos os alumnos e alumnas. Non como &ldquo;antes&rdquo;&#8230; cando estudaba (cando estudabamos) unha minor&iacute;a, unha elite, moito m&aacute;is reducida canto m&aacute;is retrocedemos no tempo&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;E o profesorado est&aacute;, &aacute; s&uacute;a vez, mellor preparado que nunca. E as familias senten con maior preocupaci&oacute;n o ensino dos seus fillos e fillas, viven con m&aacute;is interese a educaci&oacute;n, a cultura e o saber. As s&uacute;as condici&oacute;ns laborais, de ocio e de lecer, a penas te&ntilde;en nada que ver coas de &ldquo;antes&rdquo;.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Claro que os nenos e nenas de hoxe te&ntilde;en problemas, como os de t&oacute;dalas &eacute;pocas, distintos, sen d&uacute;bida, pero tam&eacute;n &eacute; certo que contan coas mellores condici&oacute;ns para superalos, como nunca &ldquo;antes&rdquo; tiveran.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;E con isto non quero dicir que o noso sistema educativo, os novos modelos de familia, laborais, a sociedade, a cultura, a sanidade&#8230; non sexan manifestamente mellorables. Claro que o son, porque outra educaci&oacute;n &eacute; posible, como outro mundo tam&eacute;n &eacute; necesario.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Pero descualificar &aacute; xuventude, demonizala, resaltar sempre o negativo ignorando ou silenciando os seus valores, &iquest;para que sirve?, &iquest;a que intereses responde?. &iquest;De que nos tranquiliza ?.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Somos precisamente os adultos os que deberiamos reflexionar m&aacute;is sobre as nosas responsabilidades na incitaci&oacute;n permanente &oacute; consumo m&aacute;is irracional dos menores, na superprotecci&oacute;n extrema, meu santi&ntilde;o onde che po&ntilde;erei, na promoci&oacute;n desmedida da cultura do &eacute;xito (famosos, estrelas, heroes&#8230;), da competitividade m&aacute;xima por riba dos valores, no tratamento dos cativos como terminais de consumo, armarios cheos e coraz&oacute;ns baldeiros, no ego&iacute;smo e no individualismo exacerbado, pequenos budas, ou na presi&oacute;n&nbsp; constante por facelos individuos &ldquo;s&uacute;per&rdquo;, evit&aacute;ndolles a m&aacute;is m&iacute;nima contariedade&#8230; e o non tam&eacute;n educa&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Un bo mestre, unha boa mestra, necesitan influ&iacute;r positivamente no seu alumnado, porque como temos repetido tantas veces, os alumnos aprenden, sobre todo, dos profesores que aman. Debemos resaltar os seus avances, tratalos con afecto e cari&ntilde;o, a educaci&oacute;n afectivo emocional -tan esquecida- o mellor ant&iacute;doto contra da violencia. Mellorar a s&uacute;a autoestima, corrixir as s&uacute;as carencias, esperanzalos, suxerirlle metas acadables, en definitiva, acompa&ntilde;alos, como o gu&iacute;a do desfiladeiro&#8230;sen esquecer o non, a coherencia, as normas e os l&iacute;mites, por suposto. <\/p>\n<p>Chegados a este punto lembro aquela fermosa historia que me contou Federico Mayor Zaragoza, a da nena que nunca vira o mar. O d&iacute;a en que -por fin- coa s&uacute;a mestra veuse -cara a cara- coa inmensidade do mar, fascinada, perplexa, nerviosa, tir&aacute;ndolle da saia, exclamou: &iexcl; mestra, apr&eacute;ndeme a mirar !.<br \/>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<br \/>Somos os adultos os que temos que reflexionar sobre as nosas responsabilidades, e preguntarnos, escoitando &aacute; propia conciencia,&nbsp; si realmente estamos &ldquo;ensinando a mirar&rdquo; como debemos. Porque nesto, como en tantas outras cousas, por sorte, calquera tempo pasado, non foi mellor&#8230;<\/p>\n<p>__________________________________________________<\/p>\n<p><em>Manuel Dios Diz &eacute; mestre, licenciado en Xeograf&iacute;a e Historia pola USC, preside o Seminario Galego de Educaci&oacute;n para a Paz. (<a target=\"_blank\" href=\"http:\/\/www.sgep.org\" >www.sgep.org<\/a>).<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Parece unha moda, unha constante, unha estratexia de marketing perfectamente dese&ntilde;ada. Tr&aacute;tase de cargar contra da xuventude en xeral, en ocasi&oacute;ns mesmo demonizando, cando non criminalizando, os seus comportamentos e condutas, unha triste reacci&oacute;n do chamado &ldquo;mundo viejuno&rdquo; respecto das novas xeraci&oacute;ns, un deporte de fonda tradici&oacute;n e moi popular. Xa S&oacute;crates (470-399 a.d.C.) acusaba [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32],"tags":[],"class_list":["post-1369","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-commentary-archives"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1369","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1369"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1369\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1369"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1369"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1369"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}