{"id":14850,"date":"2011-10-03T12:00:59","date_gmt":"2011-10-03T11:00:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.transcend.org\/tms\/?p=14850"},"modified":"2011-09-30T19:54:21","modified_gmt":"2011-09-30T18:54:21","slug":"galego-perdemos-todos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2011\/10\/galego-perdemos-todos\/","title":{"rendered":"(Galego) Perdemos Todos"},"content":{"rendered":"<p>Corren malos tempos, non s\u00f3 para a l\u00edrica, que dir\u00eda Germ\u00e1n Coppini, sen\u00f3n para as persoas, para a xente, sobre todo, para as que formamos parte do com\u00fan dos mortais, aqu\u00ed e en todas partes, a\u00ednda que existan grandes diferencias nas distintas \u00e1reas do planeta.<\/p>\n<p>As organizaci\u00f3ns non gobernamentais para o desenvolvemento, aquelas que conforman o chamado Terceiro Sector, que en Galicia se agrupan maioritariamente arredor da <strong>Coordinadora Galega de ONGDs<\/strong>, vivimos momentos de incerteza, cando non de penuria econ\u00f3mica. \u00c9 a triste consecuencia dos enormes recortes que desde as distintas administraci\u00f3ns p\u00fablicas (e tam\u00e9n das entidades privadas) estamos a sufrir.<\/p>\n<p>Debemos considerar que as ONGDs realizan funci\u00f3ns de axuda humanitaria, en momentos puntuais de cat\u00e1strofes naturais, e que tam\u00e9n desenvolven proxectos estables de cooperaci\u00f3n \u00f3 desenvolvemento nos pa\u00edses m\u00e1is empobrecidos da terra, xunto con campa\u00f1as de sensibilizaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n, formaci\u00f3n ou de educaci\u00f3n para a solidariedade e a xustiza.<\/p>\n<p>Vertebran e robustecen a sociedade civil, crean moitos postos de traballo directo, aqu\u00ed e nas contrapartes de Am\u00e9rica Latina, de Africa, Asia, etc. e outros moitos traballos indirectos. Son tam\u00e9n espazos, escolas de colaboraci\u00f3n para miles de persoas que achegan o seu tempo libre \u00f3 voluntariado.<\/p>\n<p>Na actualidade, e desde hai varios anos, as ONGs, ve\u00f1en denunciando a crecente diminuci\u00f3n das axudas institucionais. Nestes momentos as queixas chegan xa \u00f3 <strong>Valedor do Pobo<\/strong>. Nos dous \u00faltimos anos, a Xunta de Galicia, historicamente \u00e1 cola da cooperaci\u00f3n no Estado, reduciu un 48% do seu orzamento para a cooperaci\u00f3n. Non digamos en formaci\u00f3n do profesorado ou noutras partidas de axuda e subvenci\u00f3n \u00e1s actividades das entidades sociais, de pol\u00edtica ling\u00fc\u00edstica, de cultura, de educaci\u00f3n, de benestar social, de voluntariado.<\/p>\n<p>Os incumprimentos son manifestos. Non te\u00f1en d\u00fabida algunha. Son reais e obxectivos. Est\u00e1n no DOG para quen queira velos e vulneran mesmo os acordos acadados, por exemplo, nos programas contra da pobreza e a exclusi\u00f3n, que aumenta cada ano en Galicia, segundo os sucesivos informes de C\u00e1ritas. O <strong>Pacto Galego contra da Pobreza<\/strong> est\u00e1 morto. Inc\u00famprense os termos e a filosof\u00eda que marcaba o <strong>II Plan Director da Cooperaci\u00f3n Galega 2010-2013<\/strong>, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 16 de xu\u00f1o do 2010.<\/p>\n<p>A cooperaci\u00f3n, a solidariedade, a xustiza, en tempos de crise, sofren as consecuencias de pol\u00edticas restritivas miopes e que, polo demais, non son nin equitativas nin igualitarias. Estanse detraendo grandes recursos p\u00fablicos, de todas e todos n\u00f3s, cunha escala de prioridades que non compartimos. Para n\u00f3s a quen temos que rescatar, antes que a ningu\u00e9n, son \u00e1s persoas, especialmente a aquelas que m\u00e1is sofren, aqu\u00ed, na propia casa, e lonxe, a\u00ednda que sexa unicamente por <strong>ego\u00edsmo l\u00facido<\/strong>, pensando en que as asimetr\u00edas que temos creado a nivel mundial son insostibles.<\/p>\n<p>Diminu\u00edr, recortar drasticamente o gasto social, a cooperaci\u00f3n \u00f3 desenvolvemento, os programas contra da pobreza e a exclusi\u00f3n, a educaci\u00f3n para a solidariedade, desvertebra e anula \u00e1 nosa m\u00e1is viva sociedade civil, incrementa o desemprego, corta o feble cord\u00f3n umbilical que nos mant\u00e9n unidos coas persoas e organizaci\u00f3ns do Terceiro Mundo, e medran as diferencias, aqu\u00ed e a nivel planetario, aumenta a inxustiza e a discriminaci\u00f3n, trunfa o ego\u00edsmo, a inseguridade e a violencia, en definitiva, perdemos todos.<\/p>\n<p>_________________________<\/p>\n<p><em>Manuel Dios Diz \u00e9 mestre, licenciado en Xeograf\u00eda e Historia pola USC, preside o Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz, membro fundador da Coordinadora Galega de ONGDs para o Desenvolvemento.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Diminu\u00edr, recortar drasticamente o gasto social, a cooperaci\u00f3n \u00f3 desenvolvemento, os programas contra da pobreza e a exclusi\u00f3n, a educaci\u00f3n para a solidariedade, desvertebra e anula \u00e1 nosa m\u00e1is viva sociedade civil, incrementa o desemprego, corta o feble cord\u00f3n umbilical que nos mant\u00e9n unidos coas persoas e organizaci\u00f3ns do Terceiro Mundo, e medran as diferencias, aqu\u00ed e a nivel planetario, aumenta a inxustiza e a discriminaci\u00f3n, trunfa o ego\u00edsmo, a inseguridade e a violencia, en definitiva, perdemos todos.<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-14850","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-original-languages"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14850","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14850"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14850\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14850"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14850"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14850"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}