{"id":14921,"date":"2011-10-10T12:00:51","date_gmt":"2011-10-10T11:00:51","guid":{"rendered":"http:\/\/www.transcend.org\/tms\/?p=14921"},"modified":"2011-10-05T15:01:37","modified_gmt":"2011-10-05T14:01:37","slug":"galego-obama-o-executor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2011\/10\/galego-obama-o-executor\/","title":{"rendered":"(Galego) Obama, o Executor"},"content":{"rendered":"<p>Non damos creto. Parecera como que volve a po\u00f1erse de moda a Ramboman\u00eda, si algunha vez deixou de estalo, por aquelo de que a realidade supera sempre \u00e1 ficci\u00f3n. Non foi suficiente con eliminar a Osama Bin Laden violentando a soberan\u00eda nacional de Paquist\u00e1n. De executalo, sen miramento alg\u00fan, para logo tiralo \u00f3 mar, iso si, polo rito musulm\u00e1n.<\/p>\n<p>Agora tocoulle a quenda a Anuar el Aulaki, sen d\u00fabida un fan\u00e1tico predicador da violencia na rede, un iemen\u00ed con nacionalidade estadounidense. Un individuo non moi distinto a eses tele predicadores que invaden a diario os canais das televisi\u00f3ns norteamericanas. Tipos cargados de odio, morali\u00f1a e resentimento, profundamente sectarios, ultras partidarios de resolver os asuntos m\u00e1is delicados coa sutileza das bombas, neste caso, lanzadas desde veh\u00edculos a\u00e9reos non tripulados chamados Drones.<\/p>\n<p>Pouco importa que estas actuaci\u00f3ns vulneren a legalidade internacional ou que provoquen con frecuencia graves danos colaterais, como aconteceu neste caso, xa que ademais da execuci\u00f3n sumaria de Aulaki, na mesma acci\u00f3n foi asasinado outro norteamericano, Samir Khan. Pero, <em>no problem<\/em>, o ataque foi un \u00e9xito e estaba plenamente xustificado, ti\u00f1a tam\u00e9n o respaldo do Departamento de Xustiza, \u00a1vaia mascarada!, quen respaldou a legalidade da execuci\u00f3n polo m\u00e9todo m\u00e1is democr\u00e1tico, aquel que en Palestina co\u00f1ecen como &#8220;asasinatos selectivos&#8221;.<\/p>\n<p>Obama, \u00a1que decepci\u00f3n!, nada menos que un Premio Nobel da Paz, autorizando execuci\u00f3ns extraxudiciais, violaci\u00f3ns manifestas dos dereitos humanos, ampar\u00e1ndose nunha m\u00e1is que interesada legalidade. Ser\u00eda, para eles, unha actuaci\u00f3n de guerra contra dun combatente que ameaza a seguridade dos EE.UU., nada menos.<\/p>\n<p><em>Dereito \u00e1 autodefensa, loita contra do terrorismo internacional, guerra contra Al Qaeda&#8230;<\/em> conceptos e consignas -mil veces repetidas- que amparar\u00edan crimes horrendos e que foron inmediatamente denunciados polas organizaci\u00f3ns de defensa dos dereitos humanos de EE.UU, a Uni\u00f3n Americana de Liberdades Civ\u00eds ou o Centro de Dereitos Constitucionais. Tratar\u00edanse, en realidade, de execuci\u00f3ns sumarias contra persoas, cidad\u00e1ns norteamericanos, sen cargos e sen xu\u00edzo alg\u00fan, nun pa\u00eds soberano.<\/p>\n<p>A persistencia, <em>sine die<\/em>, do estado de guerra contra do terror en USA e en todo o mundo, permite a eliminaci\u00f3n do \u201cinimigo\u201d, en calquera lugar, pas\u00e1ndose polo arco de trunfo a legalidade internacional e os dereitos humanos. A este paso non sei onde imos a parar. Sei que existe unha Declaraci\u00f3n Universal dos Dereitos Humanos, un Tribunal Penal Internacional, unha Corte Internacional de Xustiza, unhas Naci\u00f3ns Unidas&#8230; \u00bfou xa non?<\/p>\n<p>Comport\u00e1ndose desta maneira, as sociedades democr\u00e1ticas, os Estados que presumen de civilizados, homol\u00f3ganse \u00f3 m\u00e1is cruel e fan\u00e1tico dos violentos, perden calquera raz\u00f3n, a non ser a da forza, e fannos aborrecer formar parte da especie humana.<\/p>\n<p>M\u00e1goa de Obama, un Nobel das Paz reconvertido en executor. M\u00e1goa.<\/p>\n<p>Para a maior\u00eda dos medios de comunicaci\u00f3n, esta execuci\u00f3n criminal acadou a categor\u00eda de \u201cbreve\u201d. Cousas da liberdade de expresi\u00f3n, que dir\u00eda o Sr. Murdoch. M\u00e1goa tam\u00e9n.<\/p>\n<p>__________________<\/p>\n<p><em>Manuel Dios Diz \u00e9 mestre, licenciado en Xeograf\u00eda e Historia pola USC, preside o Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz e dirixe a Fundaci\u00f3n Cultura de Paz en Galicia.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pouco importa que estas actuaci\u00f3ns vulneren a legalidade internacional ou que provoquen con frecuencia graves danos colaterais&#8230; Dereito \u00e1 autodefensa, loita contra do terrorismo internacional, guerra contra Al Qaeda&#8230; conceptos e consignas -mil veces repetidas- que amparar\u00edan crimes horrendos&#8230; M\u00e1goa de Obama, un Nobel das Paz reconvertido en executor. M\u00e1goa. Para a maior\u00eda dos medios de comunicaci\u00f3n, esta execuci\u00f3n criminal acadou a categor\u00eda de \u201cbreve\u201d. Cousas da liberdade de expresi\u00f3n, que dir\u00eda o Sr. Murdoch. M\u00e1goa tam\u00e9n.<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-14921","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-original-languages"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14921","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14921"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14921\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14921"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14921"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14921"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}