{"id":1585,"date":"2008-11-29T00:00:00","date_gmt":"2008-11-29T00:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/localhost\/wordpress\/2008\/11\/galego-no-60-aniversario-da-declaracion-universal-dos-dereitos-humanos-1948-2008\/"},"modified":"2008-11-29T00:00:00","modified_gmt":"2008-11-29T00:00:00","slug":"galego-no-60-aniversario-da-declaracion-universal-dos-dereitos-humanos-1948-2008","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2008\/11\/galego-no-60-aniversario-da-declaracion-universal-dos-dereitos-humanos-1948-2008\/","title":{"rendered":"(GALEGO)  NO 60 ANIVERSARIO DA DECLARACI\u00d3N UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS  (1948-2008)"},"content":{"rendered":"<p><em>A Declaraci&oacute;n Universal dos Dereitos Humanos celebra o vindeiro 10 de Decembro o seu 60 aniversario. O feito de seren estes dereitos&nbsp; reco&ntilde;ecidos deb&eacute;molo, en gran medida,&nbsp; aos milleiros e milleiros de persoas que se sacrificaron e mesmo deron a s&uacute;a vida por facelos realidade. &nbsp;<\/em><\/p>\n<p>A Declaraci&oacute;n Universal dos Dereitos Humanos de 1948 &eacute; o resultado dun proceso secular de declaraci&oacute;ns de dereitos. O car&aacute;cter de universalidade e quiz&aacute;s o m&aacute;is orixinal e salientable desta Declaraci&oacute;n do 48,&nbsp; nacida nun contexto xeopol&iacute;tico certamente occidental, pero aberta &aacute; consideraci&oacute;n dunha gran familia humana con dereitos iguais e inalienables, que han fundamentar a libertade,&nbsp; a xustiza e a paz no mundo.<\/p>\n<p>Unha Declaraci&oacute;n perfectible<\/p>\n<p>A Declaraci&oacute;n Universal &eacute; imperfecta, no sentido de non acabada e, polo mesmo,&nbsp; perfectible. Debe ser entendida de FORMA DIN&Aacute;MICA. Non estamos a falar dun c&oacute;digo f&oacute;sil, definitivo.&nbsp; Os dereitos humanos non son ahist&oacute;ricos. Son o feliz producto dunha dial&eacute;ctica, dunha toma de conciencia e iluminaci&oacute;n hist&oacute;rica que nos acerca m&aacute;is e m&aacute;is &aacute; xustiza, &aacute; liberdade, e &aacute; fraternidade. Non deberiamos&nbsp; entender os dereitos humanos como&nbsp; unha caixa de caudais intocable e pechada &aacute; inclusi&oacute;n de novos dereitos que iluminen e humanicen a&iacute;nda m&aacute;is as nosas relaci&oacute;ns. &nbsp;<\/p>\n<p>Unha pr&aacute;ctica mellorable<\/p>\n<p>Nestes &uacute;ltimos 60 anos podemos afirmar que temos mellorado, se ben de maneira moi desigual nos diversos contextos xeopol&iacute;ticos nos que se moven as persoas e os pobos. Por tal motivo &eacute; obrigado prestar atenci&oacute;n &aacute; dial&eacute;ctica entre &ldquo;Declaraci&oacute;n&rdquo; e &ldquo;Pr&aacute;ctica real do declarado&rdquo;. Lonxe de todo conformismo, debemos verificar o contraste entre o ideal que estes Dereitos representan e a s&uacute;a deficiente realizaci&oacute;n hist&oacute;rica, porque a historia dos dereitos humanos &eacute; tam&eacute;n a da s&uacute;a&nbsp; continua e sistem&aacute;tica violaci&oacute;n.&nbsp; &nbsp;<\/p>\n<p>A conciencia e memoria destas insuficiencias e contradici&oacute;ns,&nbsp; m&oacute;venos a seguir impulsando este proceso de humanizaci&oacute;n que entra&ntilde;a a realizaci&oacute;n dos Dereitos Humanos; humanizaci&oacute;n que temos que defender por canto os Dereitos Humanos esmorecen sen a decidida vontade de defendelos. Defender&nbsp; e&nbsp; denunciar, porque&nbsp; as&nbsp; violaci&oacute;ns de dereitos no ano 2008 seguen a ser unha lamentable realidade que se&nbsp; est&aacute; a producir nos diversos continentes e culturas, nos diversos Estados, non s&oacute; os gobernados por rex&iacute;menes autoritarios e ditatoriais sen&oacute;n tam&eacute;n nas&nbsp; chamadas democracias formais. <\/p>\n<p>Basta repasar o &ldquo;Estado do Mundo&rdquo; nos anuarios econ&oacute;micos e xeopol&iacute;ticos dos &uacute;ltimos anos, os os Informes de Amnist&iacute;a Internacional para constatar a penosa situaci&oacute;n na que viven mill&oacute;ns de seres humanos que deber&iacute;an ser, e non son, beneficiarios de dereitos. As Naci&oacute;ns Unidas, as diversas ONGs, os sindicatos&hellip;,&nbsp; non deixan de mostrar a s&uacute;a crecente preocupaci&oacute;n diante dos efectos provocados por unha orde econ&oacute;mica internacional inxusta. A desigualdade da divisi&oacute;n social do traballo, do acceso &aacute; tecnolox&iacute;a, o inxusto reparto dos beneficios como consecuencia das actuais estruturas de intercambio e das inversi&oacute;ns, etc., son mostras ben co&ntilde;ecidas desta inxusta situaci&oacute;n. <\/p>\n<p>Queda moito cami&ntilde;o por andar neste proceso de humanizaci&oacute;n. Para as persoas e pobos empobrecidos, conseguir o que para as persoas e pobos privilexiados &eacute; xa unha realidade disfrutada en maior ou menor grao, como son os dereitos pol&iacute;ticos, econ&oacute;micos e sociais. O t&oacute;pico da &ldquo;igualdade de oportunidades&rdquo; est&aacute; moi lonxe de ser unha realidade, mesmo nos r&eacute;ximes de democracia avanzada. As demandas dos sectores m&aacute;is desfavorecidos non gozan das prioridades de moitos gobernos. No peor dos casos, hai gobernos que fan do poder un servizo case exclusivo para grupos minoritarios &ndash;olig&aacute;rquicos- , impedindo o control popular da s&uacute;a xesti&oacute;n. Gobernos&nbsp; que &ldquo;normalizan&rdquo; a represi&oacute;n, a limpeza &eacute;tnica, a discriminaci&oacute;n racial e de x&eacute;nero, o terrorismo de Estado e outras atrocidades.<\/p>\n<p>Unha protecci&oacute;n m&aacute;is efectiva<\/p>\n<p>Na nosa iniciativa 2008 queremos manifestar o desexo de que a realizaci&oacute;n e protecci&oacute;n dos Dereitos Humanos sexa cada vez m&aacute;is efectiva. Neste sentido precisamos, tanto a nivel nacional como internacional, dunhas instituci&oacute;ns pol&iacute;ticas e dun sistema xudicial que favorezan e non entorpezan a realizaci&oacute;n e gozo dos dereitos. Porque &eacute; moi triste reco&ntilde;ecer que mentres, a escala mundial, o respecto &oacute;s dereitos humanos &eacute; a&iacute;nda moi baixo, o nivel de impunidade para os violadores de dereitos &eacute; moi alto. Por&nbsp; tal raz&oacute;n apoiamos a idea da Xustiza Universal coa vixencia dun Tribunal Penal Internacional.<\/p>\n<p>Unha progresiva ampliaci&oacute;n dos Dereitos<\/p>\n<p>Desexamos tam&eacute;n a progresiva ampliaci&oacute;n do concepto de Dereitos Humanos como inclu&iacute;r o Dereito Humano &aacute; Paz, por exemplo, ou o reco&ntilde;ecemento dos chamados Dereitos de Solidariedade. Si os dereitos individuais e pol&iacute;ticos corresponden a primeira xeraci&oacute;n de dereitos, os econ&oacute;micos e sociais, &aacute; segunda, os ambientais &aacute; terceira, f&aacute;lase xa dunha cuarta xeraci&oacute;n para os asuntos relacionados coa ciencia, a tecnolox&iacute;a e as comunicaci&oacute;ns. Ademais pensamos como apremiante:<\/p>\n<div align=\"center\"><em>Declarar Patrimonio Com&uacute;n da Humanidade os recursos alimentarios de base.<\/p>\n<p>A consecuci&oacute;n dun Desarme xeneralizado, dedicando os recursos dos gastos militares para axuda aos pa&iacute;ses e grupos sociais empobrecidos e marxinados (Declaraci&oacute;n e Programa de Acci&oacute;n da ONU sobre a Cultura da Paz).<\/p>\n<p>Dedicaci&oacute;n dun m&iacute;nimo 0,7 % do PIB como axuda os pa&iacute;ses empobrecidos&nbsp; e cumprir os prazos dos Obxectivos do Milenio a escala mundial.<br \/><\/em><\/div>\n<p>Todas as persoas debemos seguir facendo cami&ntilde;os de utop&iacute;a, o que&nbsp; significa seguir demandando maiores cotas de liberdade e xustiza, por acadar un m&aacute;is e profundo nivel de conciencia solidaria, intercultural e ecol&oacute;xica. Seguir facendo cami&ntilde;os de utop&iacute;a significa a superaci&oacute;n dos etnocentrismos pechados e exclu&iacute;ntes,&nbsp; que enfrontan &aacute;s persoas e aos pobos, significa a superaci&oacute;n do que Amin Maalouf chama&nbsp; as &ldquo;identidades asasinas&rdquo;. <\/p>\n<p>Por &uacute;ltimo queremos destacar tres violaci&oacute;ns de dereitos humanos que, por desgraza, te&ntilde;en m&aacute;is tr&aacute;xica actualidade:<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<em>1&ordf;.-&nbsp; A TORTURA. Ch&eacute;gase mesmo a falar de &ldquo;tortura de baixa intensidade&rdquo; como resposta fronte ao terrorismo,&nbsp; que se realiza en c&aacute;rceres especializadas, de sobra co&ntilde;ecidas. <\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;2&ordf;.-&nbsp; A VIOLENCIA DE X&Eacute;NERO. Temos que propo&ntilde;er e defender un modelo de sociedade que parta da equiparaci&oacute;n dos sexos, e que reduza e mesmo chegue a eliminar a violencia contra as mulleres, con resultado de morte.<\/p>\n<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;3&ordf;.-&nbsp; A INMIGRACI&Oacute;N. Un fen&oacute;meno complexo que resulta do dereito &aacute; libre circulaci&oacute;n, para sa&iacute;r do propio pa&iacute;s, pero tam&eacute;n para entrar no outro, combinado co dereito &aacute; vida, a sa&uacute;de e a dignidade. Tratalo co m&aacute;ximo respecto e intensidade pol&iacute;tica&nbsp; &eacute; unha obriga de solidariedade e de xustiza. &nbsp;<br \/><\/em><br \/>PROGRAMA DE ACTIVIDADES<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Edici&oacute;n e distribuci&oacute;n a t&oacute;dolos colexios, concellos, entidades&hellip; do cartel e do tr&iacute;ptico conmemorativo.<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Reedici&oacute;n do Minilibro sobre os Dereitos Humanos e os Dereitos de Nenos e Nenas.<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Ciclo de charlas e conferencias (&oacute; longo do curso).<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Cursos de formaci&oacute;n do profesorado sobre a pedagox&iacute;a dos dereitos humanos (&oacute; longo do curso).<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Foro Social Galego <br \/>(5,6 e 7 de Decembro) en Santiago de Compostela. Mesa de Debate: &ldquo;Cidadan&iacute;a, Dereitos Humanos e Gobernanza Planetaria&rdquo;.<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Acto conmemorativo o 9 de Decembro no Consello da Cultura Galega coa intervenci&oacute;n de D. Federico Mayor Zaragoza.<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Actos en colaboraci&oacute;n coa Iniciativa polos Dereitos Humanos <br \/>(D&iacute;a 10, &aacute;s 19:00 horas no Sal&oacute;n de Actos de Filosof&iacute;a (Praza de Mazarelos)<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Campa&ntilde;a do D&iacute;a Escolar pola Paz sobre a pedagox&iacute;a dos dereitos humanos.<\/p>\n<p>&middot;&nbsp;&nbsp; &nbsp;XXIV Encontros de Educaci&oacute;n para a Paz en Santiago de Compostela (12, 13 e 14 de Marzo): &ldquo;A pedagox&iacute;a dos dereitos humanos como base da convivencia cidad&aacute;&rdquo;.<\/p>\n<p>Espazo web espec&iacute;fico en www.sgep.org sobre o 60 Aniversario da Declaraci&oacute;n con materiais, bibliograf&iacute;a, videos, unidades did&aacute;cticas&hellip;<br \/>_______________________________<\/p>\n<p><em>Manuel Dios Diz, mestre, licenciado en Xeograf&iacute;a e Historia pola USC. Preside o Seminario Galego de Educaci&oacute;n para a Paz.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Declaraci&oacute;n Universal dos Dereitos Humanos celebra o vindeiro 10 de Decembro o seu 60 aniversario. O feito de seren estes dereitos&nbsp; reco&ntilde;ecidos deb&eacute;molo, en gran medida,&nbsp; aos milleiros e milleiros de persoas que se sacrificaron e mesmo deron a s&uacute;a vida por facelos realidade. &nbsp; A Declaraci&oacute;n Universal dos Dereitos Humanos de 1948 &eacute; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[32],"tags":[],"class_list":["post-1585","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-commentary-archives"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1585","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1585"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1585\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1585"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1585"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1585"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}