{"id":26416,"date":"2013-04-22T12:00:08","date_gmt":"2013-04-22T11:00:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.transcend.org\/tms\/?p=26416"},"modified":"2015-05-06T12:53:13","modified_gmt":"2015-05-06T11:53:13","slug":"galego-sen-profes-non-hai-escola","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2013\/04\/galego-sen-profes-non-hai-escola\/","title":{"rendered":"(Galego) Sen Profes Non Hai Escola"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: left;\"><i>Semana Mundial pola Educaci\u00f3n 21 a 28 de Abril<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Estamos na <b>Semana Mundial pola Educaci\u00f3n<\/b> (SAME), unha actividade que se enmarca nunha campa\u00f1a, moito m\u00e1is ampla, de car\u00e1cter internacional, na que participan ONGs, sindicatos de educadores, centros escolares e movementos sociais comprometidos co dereito \u00e1 educaci\u00f3n en todo o mundo. De feito, a <b>Campa\u00f1a Mundial pola Educaci\u00f3n <\/b>(CME) ten como principal obxectivo que todas as persoas poidan exercer o seu dereito a unha educaci\u00f3n b\u00e1sica, gratu\u00edta e de calidade. Tr\u00e1tase dun dereito fundamental que, como sabemos, posibilita o pleno exercicio doutros moitos dereitos, xunto co desenvolvemento da comunidade, do pa\u00eds e da humanidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Van al\u00e1 13 anos desde que se aprobaran os <b>Obxectivos da Educaci\u00f3n para todos e todas<\/b> (EPT) no <b>Foro Mundial de Educaci\u00f3n<\/b> celebrado en Dakar (Senegal) no ano 2000: <i>Estender e mellorar a educaci\u00f3n integral da primeira infancia; acadar que no 2015 todos os nenos e nenas te\u00f1an acceso a un ensino primario gratu\u00edto e obrigatorio de calidade; que os mozos e mozas accedan a programas de preparaci\u00f3n para a vida activa; incrementar nun 50% o n\u00famero de persoas adultas alfabetizadas, especialmente mulleres; eliminar as disparidades entre os sexos para acadar a igualdade de x\u00e9nero; e, finalmente, mellorar a calidade da educaci\u00f3n, en particular, lectura, escritura, aritm\u00e9tica e habilidades b\u00e1sicas para a vida.<\/i><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Alg\u00fans dos desaf\u00edos anteriores reforz\u00e1ronse \u00f3 ser incorporados \u00f3s <b>Grandes Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio<\/b> (ODM), aprobados tam\u00e9n no 2000, a\u00ednda que, como sabemos, manifestamente incumpridos.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Con todo, nestes anos temos comprobado como, nos pa\u00edses nos que se fixo un esforzo en educaci\u00f3n, os resultados foron sorprendentes, entre eles, que o n\u00famero de nenas e nenos sen escolarizar na Primaria descendera desde os 106 mill\u00f3ns no ano 1999 ata os 61 mill\u00f3ns en 2010, a\u00ednda que necesitemos mellorar moito na equidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Hoxe en d\u00eda, como consecuencia dos recortes e das pol\u00edticas de austericidio, tanto a UNESCO como a CME alertan da crecente desigualdade social como o principal obst\u00e1culo para progresar en educaci\u00f3n. O Estado Espa\u00f1ol \u00e9 xa o m\u00e1is desigual de UE na actualidade!!!.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">E o ano 2015 est\u00e1 \u00e1 volta do cami\u00f1o. Esa era a data tope para a consecuci\u00f3n das metas da EPT e dos ODM. Corremos o grave risco de retroceder en moitos dos avances acadados, particularmente, nos pa\u00edses que sofren a estafa financieira, moitos deles doantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Un esforzo suplementario por parte da comunidade internacional ata 2015 resulta imprescindible para acadar os obxectivos fixados. O propio Secretario Xeral das Naci\u00f3ns Unidas ven de establecer tres grandes prioridades: <i>que todos os nenos e nenas accedan \u00e1 primaria universal; a calidade da aprendizaxe e unha cidadan\u00eda globa<\/i>l, porque a educaci\u00f3n \u00e9 moito m\u00e1is que a entrada no mercado laboral. Da forma a un futuro sostible, en paz, con respecto mutuo e coidadoso co medio ambiente.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Na \u00faltima semana do mes de Abril, como nos \u00faltimos 13 anos, celebraremos a <b>SAME<\/b>, nesta ocasi\u00f3n, baixo un lema moi aca\u00eddo: <b><i>Sen profes non hai escola. Por un profesorado formado e motivado<\/i><\/b>. Para lembrarlles \u00e1s administraci\u00f3ns educativas, moi en particular a <b>Jes\u00fas V\u00e1zquez Abad<\/b>, a importancia de contar con docentes suficientes (aqu\u00ed reducimos profes e escolas, aumentamos ratios), con axeitada formaci\u00f3n inicial e permanente (aqu\u00ed liquidamos a estructura de formaci\u00f3n do profesorado en servizo), motivados, reco\u00f1ecidos socialmente (aqu\u00ed os desprestixiamos), ben remunerados (aqu\u00ed saqueamos as n\u00f3minas e as pagas extras), xa que o persoal docente \u00e9 o elemento fundamental sen o que non pode exercerse o dereito \u00e1 educaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">E temos que reiteralo, Espa\u00f1a e Galicia est\u00e1n tam\u00e9n a cabeza dos recortes en cooperaci\u00f3n en Europa. O goberno de <b>Rajoy<\/b> diminu\u00edu a m\u00e1is da metade os fondos destinados a esta pol\u00edtica p\u00fablica. Isto \u00e9 grav\u00edsimo porque as consecuencias sobre a vida de mill\u00f3ns de persoas ser\u00e1n nefastas. Deixaremos de ser actores relevantes da cooperaci\u00f3n internacional e incumpriremos m\u00faltiples compromisos en materia de cooperaci\u00f3n \u00f3 desenvolvemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">En calquera caso, o alumnado, a comunidade educativa en xeral, en cada centro participante, formar\u00e1 grandes nubes de palabras, sobre a silueta dun ou dunha docente, nos que colocaremos as principais calidades, entre outras, que \u2013pensamos- \u00a0ten un bo profesor, unha boa profesora: <b><i>xenerosidade, respecto, cari\u00f1o, paciencia, vocaci\u00f3n, creatividade, motivaci\u00f3n, optimismo, esixencia, esforzo, sabedor\u00eda, amor, entusiasmo, ilusi\u00f3n, bondade<\/i><\/b>&#8230; para logo situalo nun mapa do mundo, no Sur, ou si queredes, no Sur do Norte: <b><i>Pon \u00f3 teu profesorado no mapa<\/i><\/b>.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Para rematar, animamos \u00e1 participaci\u00f3n nesta magn\u00edfica iniciativa que, en Galicia, consorciamos cooperativamente diversas ONGs como son: <b><i>Axuda en Acci\u00f3n, Educaci\u00f3n sen Fronteiras, Entreculturas, Intered e o Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz<\/i><\/b>, porque, efectivamente, <b><i>sen profes, non hai escola<\/i><\/b>.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">________________________<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><i>Manuel Dios Diz, mestre e profesor xubilado, preside o Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz.<\/i><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Semana Mundial pola Educaci\u00f3n 21 a 28 de Abril &#8211; Estamos na Semana Mundial pola Educaci\u00f3n (SAME), unha actividade que se enmarca nunha campa\u00f1a, moito m\u00e1is ampla, de car\u00e1cter internacional, na que participan ONGs, sindicatos de educadores, centros escolares e movementos sociais comprometidos co dereito \u00e1 educaci\u00f3n en todo o mundo.<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[142,46],"tags":[],"class_list":["post-26416","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-education","category-original-languages"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26416","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26416"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26416\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26416"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26416"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26416"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}