{"id":26821,"date":"2013-03-25T12:00:59","date_gmt":"2013-03-25T12:00:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.transcend.org\/tms\/?p=26821"},"modified":"2013-04-08T20:04:18","modified_gmt":"2013-04-08T19:04:18","slug":"galego-malditas-guerras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2013\/03\/galego-malditas-guerras\/","title":{"rendered":"(Galego) Malditas Guerras"},"content":{"rendered":"<p>Hai dez anos, cos <i>idus de Marzo<\/i>, o complexo militar industrial, tal e como o denominara <b>Dwight Eisenhower<\/b> diante de <b>Kennedy<\/b> na s\u00faa toma de posesi\u00f3n como presidente, aquel poder indeterminado que agrupaba a poderos\u00edsimas compa\u00f1\u00edas norteamericanas e multinacionais e que, segundo a s\u00faa ben fundada opini\u00f3n de militar laureado, era \u201c<i>o \u00fanico por riba do presidente dos EE.UU<\/i>\u201d, conseguiu impo\u00f1er, unha vez m\u00e1is, o seu criterio m\u00e1is belicista cunha guerra impulsada por estes mercaderes da morte.<\/p>\n<p><b>Ar<\/b><b>thur Ponsonby<\/b>, bar\u00f3n, pol\u00edtico brit\u00e1nico, pacifista e lord, no seu libro \u201c<i>La falsedad en tiempo de guerra: Las mentiras de la propaganda de la Primera Guerra Mundial<\/i>, publicado en 1928, fixo c\u00e9lebre a idea de que \u201c<i>cando se declara a guerra, a verdade \u00e9 a primera v\u00edctima<\/i>\u201d. Quizais nunca foi tan evidente, para mill\u00f3ns de persoas en todo o mundo, como con ocasi\u00f3n da invasi\u00f3n de Iraq. <b>Alejandro Pizarroso<\/b>, entre outros, analizou ben esta cuesti\u00f3n en \u201c<i>Nuevas guerras, vieja propaganda, de Vietnam a Irak<\/i>\u201d.<\/p>\n<p>Moitas persoas lembran, non esquecen, a minuciosa preparaci\u00f3n propagand\u00edstica, a sistem\u00e1tica mentira, a reiterada e amplificada mentira, con aquela posta en escena, m\u00e1is propia da <i>Corti\u00f1a de Fume<\/i>, de <b>Barry Levinson<\/b>, <i>operaci\u00f3n liberdade iraqu\u00ed<\/i>, <b>Collin Powell<\/b> na ONU, coas s\u00faas imaxes trucadas, a foto das Azores con <b>Bush, Blair, Aznar<\/b> e o anfitri\u00f3n <b>Barroso<\/b>, a impotencia dos inspectores <b>Blix<\/b> e <b>El Albaradei<\/b>, incapaces de frear aquel delirio reiterando a inexistencia de armas de destruci\u00f3n masiva en poder de <b>Saddam Hussein<\/b>.<\/p>\n<p>E aquelas terribles imaxes nocturnas en cor verde sobre fondo negro, dos bombardeos, cos Tomahawks sa\u00edndo dos barcos norteamericanos con destino a Bagdad, as armas \u201cintelixentes\u201d dese\u00f1adas para facer o maior dano posible, especialmente, na poboaci\u00f3n civil, mulleres, nenos, anci\u00e1ns, co \u00e1nimo de \u201c<i>levar a Iraq \u00e1 idade de pedra<\/i>\u201d.<\/p>\n<p>Foi tal a indignaci\u00f3n, a rabia, que mill\u00f3ns de persoas de ben, en todo o planeta, decidiron sa\u00edr \u00e1 r\u00faa nunha mobilizaci\u00f3n global como nunca acontecera. No estado espa\u00f1ol e en Galicia, particularmente, as manifestaci\u00f3ns foron s\u00f3 comparables \u00e1s do <b><i>Prestige<\/i><\/b> e <b><i>Nunca M\u00e1is<\/i><\/b>. T\u00f3dalas forzas pol\u00edticas galegas, coa \u00fanica excepci\u00f3n do PP, sindicatos, ONGs, a sociedade civil <i>en p\u00e9 de paz<\/i> conseguiron crear as condici\u00f3ns para un cambio necesario no goberno da Xunta.<\/p>\n<p>Pasaron moitos anos, nada menos que 10, e tantas cousas&#8230; Iraq est\u00e1 hoxe m\u00e1is lonxe da paz e da democracia, os custes daquel delirio belicista norteamericano, iniciado logo do 11 de Setembro de 2001, en <b>Afganist\u00e1n<\/b>, lev\u00e1ronnos tam\u00e9n a onde estamos hoxe, porque no tema armament\u00edstico, si que vivimos <i>por riba das nosas posibilidades<\/i>, m\u00e1is de 4.000 mill\u00f3ns de d\u00f3lares, cada d\u00eda, hoxe tam\u00e9n, sen rubor, como si nada, e persisten as violaci\u00f3ns dos dereitos humanos, as torturas, Guant\u00e1namo, e a violencia sectaria en toda a rexi\u00f3n, mentres o negocio das amapolas en Afganist\u00e1n florece como se nada, e os propietarios dos pozos petrol\u00edferos, de toda a rexi\u00f3n, inclu\u00edda Libia, xa sabemos en mans de quen est\u00e1n, <i>non m\u00e1is sangue por petr\u00f3leo<\/i>.<\/p>\n<p>Iraq foi, e segue sendo, o conflito m\u00e1is caro desde a II Guerra Mundial, en palabras de <b>Joseph E. Striglitz<\/b>, m\u00e1is de 3 bill\u00f3ns de d\u00f3lares, case que 2 mill\u00f3ns de persoas desprazadas, 200.000 civ\u00eds asasinados, 2 mill\u00f3ns de vi\u00favas, e a violencia sectaria, unha guerra civil encuberta, segue cobr\u00e1ndose vidas, cada d\u00eda. Un destrozo humano, econ\u00f3mico e medioambiental sen precedentes. E un negocio, un extraordinario negocio para os mercaderes da morte.<\/p>\n<p>O dixemos moitas veces, a guerra \u00e9 o fracaso da pol\u00edtica. O gasto militar mundial resulta un permanente insulto \u00e1 intelixencia humana, uns d\u00edas de aforro armament\u00edstico dar\u00edan para atender as necesidades universais m\u00e1is imperiosas en sa\u00fade e nutrici\u00f3n. O dic\u00eda moi ben <b>Jos\u00e9 Saramago<\/b> \u201c<i>Tecnolox\u00eda para a morte 100, pensamento 0\u201d. A guerra non \u00e9 nunca a soluci\u00f3n. A guerra \u00e9 o problema. Abolila \u00e9 un imperativo moral. Xulgar \u00f3s culpables de crimes contra da Humanidade, un dereito que non prescribe.<\/i><\/p>\n<p>A guerra \u00e9 o territorio onde medran os odios, as exclusi\u00f3ns, a afirmaci\u00f3n propia e do propio a trav\u00e9s da negaci\u00f3n dos outros. E os gastos militares son, probablemente, o m\u00e1is poderoso freo \u00f3 desenvolvemento humano. O comercio de armas, como o de mulleres ou de drogas, segue a xerar beneficios astron\u00f3micos ocultos nos para\u00edsos fiscais, eses que \u00edan ser pechados coa refundaci\u00f3n do capitalismo&#8230;<\/p>\n<p>Esta montaxe e encarnizamento militar armament\u00edstico s\u00e9guese vendendo como a panacea da seguridade dos pobos. Sen embargo, son cada vez m\u00e1is persoas as que perciben, en todo o mundo, que o sistema armament\u00edstico non asegura nada, ag\u00e1s o beneficio privado dunha minor\u00eda, esa mesma minor\u00eda \u00e1 que serven tan ben <i>os mandados, os gobernos dos mandados<\/i> que dir\u00eda <b>Marti\u00f1o Noriega<\/b>, eses que son quen de xustificar calquera cousa, a\u00ednda a mesma barbarie, si a impo\u00f1en os mercados e os mercaderes, tam\u00e9n os da morte.<\/p>\n<p>Cando reiteramos que co que costa un submarino nuclear, por exemplo, se poder\u00eda pagar un programa completo de vacinaci\u00f3n para todos os nenos e nenas do mundo, ac\u00fasannos de demagogos. Polo contrario, gastar 3 bill\u00f3ns de d\u00f3lares na guerra de Iraq foi unha proba de sensatez, unha inversi\u00f3n de futuro, unha liberaci\u00f3n. Malditas guerras!!!.<\/p>\n<p>___________________________<\/p>\n<p><i>Manuel Dios Diz \u2013 Presidente Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz, Fundacion Cultura de Paz. Santiago De Compostela, Galicia, Espa\u00f1a. <a href=\"http:\/\/www.sgep.org\"  target=\"_blank\">www.sgep.org<\/a><\/i><i><\/i><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Moitas persoas lembran, non esquecen, a minuciosa preparaci\u00f3n propagand\u00edstica, a sistem\u00e1tica mentira, a reiterada e amplificada mentira, con aquela posta en escena, m\u00e1is propia da Corti\u00f1a de Fume, de Barry Levinson, operaci\u00f3n liberdade iraqu\u00ed, Collin Powell na ONU, coas s\u00faas imaxes trucadas, a foto das Azores con Bush, Blair, Aznar e o anfitri\u00f3n Barroso, a impotencia dos inspectores Blix e El Albaradei, incapaces de frear aquel delirio reiterando a inexistencia de armas de destruci\u00f3n masiva en poder de Saddam Hussein.<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[57,46],"tags":[],"class_list":["post-26821","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-militarism","category-original-languages"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26821","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26821"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26821\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26821"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26821"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26821"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}