{"id":28583,"date":"2013-05-13T12:00:40","date_gmt":"2013-05-13T11:00:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.transcend.org\/tms\/?p=28583"},"modified":"2015-05-06T12:53:06","modified_gmt":"2015-05-06T11:53:06","slug":"galego-acoso-escolar-maltrato-entre-iguais-bulling","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2013\/05\/galego-acoso-escolar-maltrato-entre-iguais-bulling\/","title":{"rendered":"(Galego) Acoso Escolar, Maltrato entre Iguais, Bulling"},"content":{"rendered":"<p>Con certa frecuencia saltan \u00f3s medios de comunicaci\u00f3n casos cualificados, con maior ou menor acerto, como de <b>acoso escolar<\/b> que producen alarma entre a comunidade educativa e na cidadan\u00eda. Mesmo, en ocasi\u00f3ns, contrib\u00faen a dar unha imaxe distorsionada do que acontece nos centros de ensino. Compre reiterar que no contexto xeral da cantidade de alumnos e alumnas que acoden \u00f3s colexios e institutos, cada d\u00eda, en Galicia, case que 400.000, o n\u00famero de casos detectados de acoso son m\u00ednimos, aspecto que non consola, obviamente, a un pai ou a unha nai afectada. Moito menos \u00e1 v\u00edtima. Tampouco \u00f3 profesorado.<\/p>\n<p>Na publicitaci\u00f3n m\u00e1xima de \u201csucesos\u201d e \u201cincidentes\u201d escolares, cualificados, todos eles, como de \u201cacoso\u201d existen moitos intereses. Cando se refiren a centros p\u00fablicos e ignoran o que acontece nos privados, resultan evidentes e non merecen maior comentario. O interese comercial dalg\u00fans medios, hipnotizados polo amarelismo e por facer caixa, tam\u00e9n est\u00e1 bastante claro. A culpabilizaci\u00f3n do profesorado, cualificado de incapaz para abordar esta problem\u00e1tica, tampouco \u00e9 nova. Menos claros son outros intereses como, por exemplo, darlle un papel principal \u00e1 polic\u00eda nacional ou \u00e1 garda civil \u00e1 hora de informar ou formar \u00f3 alumnado sobre o acoso, o <b>ciberbulling<\/b>, ou sobre os usos e perigos das redes sociais&#8230;, unha moda que ven estend\u00e9ndose como si fose algo espont\u00e1neo e natural. Parecera como que, para alg\u00fans, non existan saberes e fontes rigorosas no \u00e1mbito civil, acad\u00e9mico ou non gobernamental para tratar estes asuntos nun centro de ensino.<\/p>\n<p>Falamos menos doutros intereses poderosos, por exemplo, dos farmac\u00e9uticos e cl\u00ednicos que, dunha maneira crecente, tratan \u00f3 alumnado con f\u00e1rmacos diversos para s\u00edndromes cualificados mesmo de \u201cartificiais\u201d por moitos expertos, entre eles, o de hiperactividade. Ou os das cl\u00ednicas, gabinetes psicol\u00f3xicos ou psiqui\u00e1tricos que ve\u00f1en proliferando para tratar, desde esa perspectiva, a conflitividade do alumnado. Polo contrario, doutros factores como a crise, a pobreza, a exclusi\u00f3n, a marxinalidade, a desestructuraci\u00f3n familiar ou das violencias no \u00e1mbito dom\u00e9stico, e como infl\u00faen no alumnado e na convivencia escolar, case que nada. Como tampouco dos recortes en educaci\u00f3n e sobre como contrib\u00faen \u00f3 deterioro da convivencia escolar como consecuencia da diminuci\u00f3n dr\u00e1stica do profesorado, do aumento progresivo das ratios e a masificaci\u00f3n, dos macrocentros escolares, a supresi\u00f3n de axudas \u00e1 diversidade, servizos complementarios, orientaci\u00f3n, titor\u00eda, diversificaci\u00f3n e adaptaci\u00f3n curricular, apoios&#8230;<\/p>\n<p>Do traballo inxente e calado que fan os centros educativos, o seu profesorado, para abordar os conflitos, cada d\u00eda, todos os d\u00edas, de mediaci\u00f3n, a pesares do maltrato que reciben das administraci\u00f3ns e dos gobernos, do saqueo nos seus salarios e extras, nas s\u00faas condici\u00f3ns laborais, disto, tampouco se fala o suficiente.<\/p>\n<p>Convivir \u00e9 compartir vivencias xuntos. E a soluci\u00f3n \u00f3s problemas de convivencia nun centro escolar non poden ser, en ning\u00fan caso, retirar \u00f3 alumnado agredido da s\u00faa aula, cambialo de centro, ou tentar de protexelo e illalo na s\u00faa casa. Estas son falsas soluci\u00f3ns que, \u00e1s veces, propomos, como pais, como profesores, como administraci\u00f3n, con toda a boa vontade, pero erradamente.<\/p>\n<p>Para abordar os casos de maltrato entre iguais, vulgarmente co\u00f1ecidos como acoso ou co seu termo en ingl\u00e9s \u201c<b>bulling<\/b>\u201d, o primeiro que debemos fomentar nun centro educativo que ten menores \u00f3 seu cargo, \u00e9 a <b>prevenci\u00f3n<\/b>, \u00e9 dicir, de acordo cun <b>Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar<\/b> de referencia, como o que temos vixente en Galicia, e activar e desenvolver <b>Plans de Convivencia<\/b> no propio centro, con <b>protocolos<\/b> claros de detecci\u00f3n precoz e de intervenci\u00f3n no seu caso, nos que a <b>Titor\u00eda<\/b> ten, loxicamente, un papel relevante, e con <b>Equipas de Mediaci\u00f3n e Tratamento de Conflitos<\/b> onde colaboren e participen non s\u00f3 o profesorado sen\u00f3n -e sobre todo- o alumnado e tam\u00e9n, si \u00e9 posible, os pais e as nais, cunha <b>direcci\u00f3n<\/b> comprometida e din\u00e1mica.<\/p>\n<p>A mellora da convivencia escolar non pode ser un obxectivo educativo s\u00f3 cando aparecen casos ou indicios de acoso ou maltrato. Temos que promovela de maneira sistem\u00e1tica, permanente, na aula e no centro, no patio de recreo e nos corredores, na cafeter\u00eda, sempre e en todo lugar, na casa e nas familias. Non \u00e9 posible abordar a prevenci\u00f3n do maltrato entre iguais sen a participaci\u00f3n activa das familias e, como sabemos, en moitos casos, este eslav\u00f3n da cadea colaborativa contra o acoso, non existe ou \u00e9 moi feble. Non est\u00e1 demais lembrar aqu\u00ed que as violencias, os maltratos, onde m\u00e1is se producen \u00e9, precisamente, no \u00e1mbito familiar. Na escola, en moitas ocasi\u00f3ns, se reproducen comportamentos vividos e aprendidos na casa. Claro que, \u00e1s veces, tam\u00e9n falla o centro, e o profesorado, como non, por raz\u00f3ns diversas, entre as que destacamos as carencias formativas espec\u00edficas dos docentes en resoluci\u00f3n e tratamento de conflitos nas aulas.<\/p>\n<p>Outro aspecto moi relevante ten que ver coa detecci\u00f3n e o <b>diagn\u00f3stico<\/b>. Con frecuencia cualificamos de \u201c<b>acoso escolar<\/b>\u201d comportamentos e condutas que non o son. A confusi\u00f3n sobre isto ten consecuencias. Si diagnosticamos mal, os remedios e medidas que promovamos poden non ser as m\u00e1is axeitadas. En moitas ocasi\u00f3ns chamamos acoso a <b>condutas disruptivas<\/b> na aula, actos de <b>indisciplina<\/b>, unha pelexa, un calent\u00f3n&#8230;, cando si algo caracteriza e distingue \u00f3 maltrato \u00e9, precisamente, a s\u00faa <b>sistematicidade e permanencia no tempo<\/b>. Ver, descubrir, desvelar a reiteraci\u00f3n, a segregaci\u00f3n, a persecuci\u00f3n, temporalmente dilatada, dun agresor sobre unha v\u00edtima, resulta imprescindible para identificar correctamente o bulling. O que non significa, por suposto, que deixemos de penalizar e corrixir aquelas condutas ou comportamentos non sistem\u00e1ticos citados.<\/p>\n<p>No acoso sempre existe o que co\u00f1ecemos como \u201c<b>tri\u00e1ngulo do maltrato<\/b>\u201d o que forman o <b>agresor<\/b>, a <b>v\u00edtima<\/b> e os <b>espectadores<\/b>. Os tres v\u00e9rtices deste tri\u00e1ngulo est\u00e1n integrados por alumnos e alumnas, que son menores e que conviven nun centro escolar. En consecuencia, os tres necesitan tratamento educativo. En primeiro termo, <b>a v\u00edtima<\/b>, \u00e1 que debemo, antes que nada, protecci\u00f3n, axuda, apoio psicol\u00f3xico e seguridade. <b>O<\/b> <b>agresor<\/b> ser\u00eda o v\u00e9rtice a separar no seu caso, nunca a v\u00edtima, porque a impunidade sempre \u00e9 a mellor maneira de que o acoso contin\u00fae e se reproduza no centro. Por \u00faltimo, <b>os espectadores<\/b>, o terceiro v\u00e9rtice do tri\u00e1ngulo do maltrato, que poden ser <b>activos<\/b>, os que animan, azozan e protexen \u00f3 agresor, ou <b>pasivos<\/b>, os que simplemente aceptan aquela conduta violenta, calan ou miran para outro lado, por medo ou por complicidade. En calquera caso, como dixemos, os tres v\u00e9rtices deste tri\u00e1ngulo do maltrato necesitan intervenci\u00f3n, axuda e tratamento educativo. O agresor e os espectadores, ademais, te\u00f1en que <b>reparar o dano causado<\/b>, proporcionalmente.<\/p>\n<p>Os <b>conflitos<\/b>, nos grupos humanos, nos colexios e institutos, existen, existiron e seguir\u00e1n a existir, porque somos seres libres, con ilusi\u00f3ns, desexos, aspiraci\u00f3ns, intereses&#8230; distintos, \u00e1s veces contraditorios. Por a\u00ed empezan os conflitos.\u00a0 Do que se trata \u00e9 de prevelos, de aprender e manexar t\u00e9cnicas de resoluci\u00f3n pac\u00edfica, dotar \u00f3 alumnado, \u00f3 profesorado, \u00f3s pais e as nais, de recursos para abordalos con garant\u00edas. A conflitividade nas aulas non podemos vela como unha desgraza, como un mal co que temos que convivir resignadamente. Todo o contrario. Como educadores, como educadoras, temos que afrontala conflitividade como un desaf\u00edo, como un reto, mesmo como unha maneira de medrar autonomamente, de cambiar as cousas en positivo. Para iso necesitamos t\u00e9cnicas, metodolox\u00edas, recursos, experiencias, formaci\u00f3n espec\u00edfica, porque non chega coa boa vontade.<\/p>\n<p>Sempre reitero que dedicamos moitas horas, d\u00edas, meses, anos, \u00e1 ensinarlle \u00f3 alumnado a resolver complexos problemas matem\u00e1ticos, f\u00edsicos, qu\u00edmicos&#8230; pero a penas minutos a ensinarlles a resolver os seus propios problemas, os de <b>relaci\u00f3n entre iguais<\/b>, aqueles que atopar\u00e1n, con maior frecuencia, nas s\u00faas vidas. E para isto, a <b>educaci\u00f3n afectivo emocional<\/b> resulta imprescindible, na casa e na escola. Son os afectos e os sentimentos, os mellores ant\u00eddotos contra das violencias. E os cambios curriculares e metodol\u00f3xicos, o <b>curr\u00edculum da nonviolencia<\/b> e o <b>traballo cooperativo<\/b>, para desaprender as violencias.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo non quixera deixar de mencionar que a responsabilidade \u00faltima da pol\u00edtica de recortes, da falla de formaci\u00f3n axeitada, da demolici\u00f3n das estruturas formativas creadas nos \u00faltimos anos, do non co\u00f1ecemento xeralizado das experiencias e boas practicas que existen en Galicia e no Estado, que as hai, do esquecemento e ocultaci\u00f3n do Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de Galicia, do derrube controlado do Observatorio Galego da Convivencia Escolar, ou da desprotecci\u00f3n que sinte o profesorado, corresponde, estou canso de dicilo, \u00e1 Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n e Ordenaci\u00f3n Universitaria, quen ten as competencias plenas e os instrumentos en materia educativa, as\u00ed como a m\u00e1xima obriga de dar soluci\u00f3ns pol\u00edticas \u00f3s problemas de convivencia. E a crise, neste caso, non pode ser \u2013tam\u00e9n- unha escusa para declinar estas responsabilidades. As familias, o profesorado, os centros educativos, te\u00f1en as s\u00faas. Son as directas, a primeira li\u00f1a contra dos problemas de convivencia, e o fan como mellor poden, razoablemente ben, dadas as circunstancias. As autoridades educativas, polo contrario, neste asunto, recortan, ocultan, ignoran, improvisan e, en moitas ocasi\u00f3ns, dan p\u00e1os de cego que fan moito dano.<\/p>\n<p>____________________________<\/p>\n<p><i>Manuel Dios Diz preside o SEMINARIO GALEGO DE EDUCACION PARA A PAZ e forma parte do Observatorio Estatal da Convivencia Escolar no cupo de personalidades de reco\u00f1ecido prestixio.<\/i><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para abordar os casos de maltrato entre iguais, vulgarmente co\u00f1ecidos como acoso ou co seu termo en ingl\u00e9s \u201cbulling\u201d, o primeiro que debemos fomentar nun centro educativo que ten menores \u00f3 seu cargo, \u00e9 a prevenci\u00f3n, \u00e9 dicir, de acordo cun Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de referencia, como o que temos vixente en Galicia.<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[195,51,142,139,46],"tags":[],"class_list":["post-28583","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-conflict-resolution-mediation","category-europe","category-education","category-justice","category-original-languages"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28583","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=28583"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/28583\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=28583"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=28583"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=28583"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}