{"id":33264,"date":"2013-09-02T14:01:15","date_gmt":"2013-09-02T13:01:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.transcend.org\/tms\/?p=33264"},"modified":"2015-05-06T08:59:08","modified_gmt":"2015-05-06T07:59:08","slug":"galego-o-sgep-manifestase-en-contra-dunha-intervencion-militar-dos-ee-uu-en-siria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2013\/09\/galego-o-sgep-manifestase-en-contra-dunha-intervencion-militar-dos-ee-uu-en-siria\/","title":{"rendered":"(Galego) O SGEP Manif\u00e9stase en Contra Dunha Intervenci\u00f3n Militar dos EE.UU. en Siria"},"content":{"rendered":"<p><i>Chama \u00e1 Mobilizaci\u00f3n Social da Cidadan\u00eda para Parala<\/i><i><\/i><\/p>\n<p>O <b><i>Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz<\/i><\/b>, diante da posibilidade certa de que o goberno norteamericano bombardee Siria nas pr\u00f3ximas horas, cos seus aliados m\u00e1is entusiastas, mesmo sen o respaldo e o aval das Naci\u00f3ns Unidas, e con toda a opini\u00f3n p\u00fablica en contra, quere manifestar o que segue:<\/p>\n<p>1\u00ba.- Siria leva dous anos nunha feroz guerra civil alimentada, fundamentalmente, polas potencias que controlan o Consello de Seguridade da ONU, xunto cos estados m\u00e1is importantes da rexi\u00f3n, apoiando a un ou a outro bando en loita. A utilizaci\u00f3n de armamento qu\u00edmico diverso, vendido polos que agora po\u00f1er o berro no ceo, parece estar probado por ambas partes en conflito.<\/p>\n<p>2\u00ba.- A intervenci\u00f3n militar dos EE.UU. e dos seus aliados en Siria, por moito que se anuncie como puntual, r\u00e1pida e cir\u00farxica, contra bases e instalaci\u00f3ns militares do r\u00e9xime de Bachar el Assad, producir\u00e1, sen d\u00fabida, m\u00e1is sufrimento e destruci\u00f3n, morte e desesperaci\u00f3n, nun pobo que leva perdidas m\u00e1is de 100.000 persoas e mill\u00f3ns de desprazados e refuxiados.<\/p>\n<p>3\u00ba.- O dereito a protexer ou a utilizaci\u00f3n de armamento qu\u00edmico, de autor\u00eda dubidosa e m\u00faltiple, non poden ser esgrimidos como argumentos para os ataques pois \u00e9 precisamente a poboaci\u00f3n civil siria, de ambos bandos, a que sofre as consecuencias dunha guerra atroz de desgaste propiciada, precisamente, polos que agora se proclaman xendarmes internacionais vulnerando inequivocamente a legalidade internacional.<\/p>\n<p>4\u00ba.- A decisi\u00f3n do Parlamento brit\u00e1nico de non apoiar a intervenci\u00f3n ten que facer reflexionar \u00e1 comunidade internacional, \u00f3s parlamentos democr\u00e1ticos, inclu\u00eddo o espa\u00f1ol e o galego, e converterse nun exemplo a seguir co obxecto de forzar a Barack Obama, Premio Nobel da Paz, para que cambie de pol\u00edtica e procure a v\u00eda da presi\u00f3n econ\u00f3mica e diplom\u00e1tica, co liderado das Naci\u00f3ns Unidas e da Liga \u00c1rabe, que impo\u00f1a un alto o fogo e permita abrir v\u00edas de negociaci\u00f3n multilateral.<\/p>\n<p>5\u00ba.- Por \u00faltimo, a mobilizaci\u00f3n social pac\u00edfica, a presi\u00f3n sobre os parlamentos e demais instituci\u00f3ns democr\u00e1ticas, da cidadan\u00eda local e global, \u00e9 a m\u00e1is poderosa arma de construci\u00f3n de paz que existe. Neste senso, o <b><i>Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz<\/i><\/b> apoiar\u00e1 t\u00f3dalas iniciativas unitarias da sociedade civil e dos movementos sociais en contra da intervenci\u00f3n militar en Siria e fai un chamamento para que, no caso de que finalmente te\u00f1a lugar, a cidadan\u00eda responda con concentraci\u00f3ns e actos de solidariedade co pobo sirio.<\/p>\n<p><i>Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz<br \/>\nFundacion Cultura de Paz<br \/>\n<\/i><i><a href=\"http:\/\/www.sgep.org\"  target=\"_blank\">www.sgep.org<\/a><\/i><i><\/i><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz, diante da posibilidade certa de que o goberno norteamericano bombardee Siria nas pr\u00f3ximas horas, cos seus aliados m\u00e1is entusiastas, mesmo sen o respaldo e o aval das Naci\u00f3ns Unidas, e con toda a opini\u00f3n p\u00fablica en contra, quere manifestar o que segue:<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-33264","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-original-languages"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33264","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33264"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33264\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33264"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33264"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33264"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}