{"id":47401,"date":"2014-09-15T12:00:26","date_gmt":"2014-09-15T11:00:26","guid":{"rendered":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/?p=47401"},"modified":"2015-05-05T21:30:36","modified_gmt":"2015-05-05T20:30:36","slug":"galego-a-paz-e-o-camino-21-de-setembro-dia-internacional-da-paz","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/2014\/09\/galego-a-paz-e-o-camino-21-de-setembro-dia-internacional-da-paz\/","title":{"rendered":"(Galego) A paz \u00e9 o cami\u00f1o&#8230; 21 de Setembro, D\u00eda Internacional da Paz"},"content":{"rendered":"<p><em>A paz \u00e9 o cami\u00f1o<\/em>, e <em>facemos cami\u00f1o \u00f3 andar<\/em>. <em>A paz \u00e9 un descubrimento, non unha conquista<\/em>, dic\u00eda, <strong>Raimon Panikkar<\/strong>. <em>A guerra e a violencia non son fatalidades biol\u00f3xicas<\/em>. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que &#8220;desaprender&#8221; para ser pac\u00edficos, que non submisos, nin s\u00fabditos, nin mansos. <strong>Federico Mayor Zaragoza <\/strong>di que a <em>aprendizaxe da democracia \u00e9 a pedagox\u00eda da paz<\/em>. E <strong>Mar\u00eda Zambrano<\/strong> afirmaba que <em>a paz \u00e9 moito m\u00e1is que unha toma de postura, \u00e9 unha aut\u00e9ntica revoluci\u00f3n, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa<\/em>.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/21-sep-day-of-peace.jpg\" ><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-47402\" src=\"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/21-sep-day-of-peace.jpg\" alt=\"21 sep day of peace\" width=\"250\" height=\"322\" srcset=\"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/21-sep-day-of-peace.jpg 250w, https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-content\/uploads\/2014\/09\/21-sep-day-of-peace-232x300.jpg 232w\" sizes=\"auto, (max-width: 250px) 100vw, 250px\" \/><\/a><\/p>\n<p>O vindeiro 21 de Setembro conmem\u00f3rase en todo o mundo o <strong>D\u00eda Internacional pola Paz<\/strong>, unha data promovida polas Naci\u00f3ns Unidas para fortalecer os ideais de paz tanto dentro como entre as naci\u00f3ns e os pobos do mundo. O tema escollido este ano para a celebraci\u00f3n c\u00e9ntrase no <strong>Dereito dos Pobos \u00e1 Paz<\/strong> desde a perspectiva de que a promoci\u00f3n da paz \u00e9 fundamental para o pleno goce de todos os dereitos humanos.<\/p>\n<p>O <strong>International Day of Peace<\/strong> estableceuse por primeira vez en 1981 por unha Resoluci\u00f3n, a 36\/37 da Asemblea Xeral de Naci\u00f3ns Unidas para que coincidise coa s\u00faa sesi\u00f3n de apertura que ten lugar o terceiro martes de Setembro de cada ano.<\/p>\n<p>Foi en 2001 cando de novo a Asemblea Xeral aprobou, por unanimidade, outra Resoluci\u00f3n, a 55\/282, que estableceu o 21 de Setembro como un d\u00eda anual en favor da nonviolencia e o alto o fogo nos conflitos b\u00e9licos.<\/p>\n<p>Como cada ano, as Naci\u00f3ns Unidas convidan tanto \u00e1s naci\u00f3ns como \u00e1s persoas de boa vontade para acadar o remate das hostilidades durante todo ese d\u00eda, en calquera lugar do mundo onde exista violencia armada, durante vintecatro horas polo menos, as\u00ed como a desenvolver iniciativas de paz por medio da educaci\u00f3n e a sensibilizaci\u00f3n da cidadan\u00eda.<\/p>\n<p>Na p\u00e1xina web das Naci\u00f3ns Unidas, <a target=\"_blank\" href=\"http:\/\/www.un.org\/en\/events\/peaceday\/\" >http:\/\/www.un.org\/en\/events\/peaceday\/<\/a><\/p>\n<p>calquera persoa interesada, o profesorado para as s\u00faas aulas, pode atopar diversos documentos \u00fatiles para organizar actividades diversas, o cartaz conmemorativo e outros recursos did\u00e1cticos, entre eles, a <strong>Declaraci\u00f3n sobre o Dereito dos Pobos \u00e1 Paz<\/strong> que empeza por reafirmar o prop\u00f3sito principal da ONU que non \u00e9 outro que o mantemento da paz e a seguridade internacional sobre a base dos principios fundamentais do dereito internacional xa establecidos na <strong>Carta Fundacional das Naci\u00f3ns Unidas<\/strong>, aquela que empeza precisamente dicindo: &#8220;<strong><em>Nosoutros os pobos, resoltos a preservar \u00e1s xeraci\u00f3ns vindeiras do flaxelo da guerra,&#8230;<\/em><\/strong>&#8221;<\/p>\n<p><a target=\"_blank\" href=\"http:\/\/www.un.org\/es\/documents\/charter\/\" >http:\/\/www.un.org\/es\/documents\/charter\/<\/a><\/p>\n<p>A mesma declaraci\u00f3n sobre o dereito dos pobos \u00e1 paz expresa a vontade e as aspiraci\u00f3ns de todos os pobos do mundo de eliminar a guerra da vida da humanidade e, especialmente, de evitar unha cat\u00e1strofe nuclear mundial proclamando solemnemente o <strong>dereito sagrado \u00e1 paz<\/strong> para t\u00f3dolos pobos do mundo.<\/p>\n<p>Para asegurar o exercicio do dereito dos pobos \u00e1 paz requ\u00edrese que a pol\u00edtica dos Estados estea orientada cara a eliminaci\u00f3n da ameaza da guerra, especialmente da guerra nuclear, \u00e1 renuncia \u00f3 uso da forza nas relaci\u00f3ns internacionais e \u00f3 arranxo das controversias internacionais por medios pac\u00edficos de conformidade coa Carta das Naci\u00f3ns Unidas.<\/p>\n<p>Remata a citada Declaraci\u00f3n facendo un chamamento a t\u00f3dolos Estados e a todas as organizaci\u00f3ns internacionais para que contrib\u00faan por t\u00f3dolos medios a asegurar o exercicio do dereito dos pobos \u00e1 paz mediante a adopci\u00f3n de medidas pertinentes nos planos nacional e internacional, xusto, precisamente, o que a Comunidade Internacional non fai diante dos numerosos conflitos b\u00e9licos abertos en distintos lugares do planeta, particularmente, en Oriente Medio, Libia, Siria, Iraq, Afganist\u00e1n&#8230; en Gaza, sometida ata hai ben pouco a un aut\u00e9ntico xenocidio sen consecuencias para o Estado de Israel, ou no coraz\u00f3n de Europa, \u00e1s portas de Rusia, en Ucra\u00edna, por non citar outros conflitos armados, os chamados &#8220;<em>esquecidos<\/em>&#8221; que tam\u00e9n se prolongan no tempo sen merecer un minuto de telexornal que os po\u00f1a no foco da actualidade.<\/p>\n<p>Cando se celebre en todo o mundo o D\u00eda Internacional da Paz, o 21 de Setembro, as forzas armadas espa\u00f1olas, <strong>unha fragata con base naval en Ferrol, a F-102, estar\u00e1 participando nuns exercicios militares que o Estado Espa\u00f1ol secunda, no marco da OTAN<\/strong>, nos que uns 1300 soldados de 15 pa\u00edses, a maior\u00eda da UE, baixo as ordes dos EE.UU, realizar\u00e1n na cidade ucra\u00edna de Yavoriv, concretamente entre o 15 e o 26 de Setembro, nun operativo denominado &#8220;<strong><em>Rapid Trident<\/em><\/strong>&#8221; das forzas estadounidenses en Europa.<\/p>\n<p>Paralelamente a OTAN ben de acordar o seu rearme no Leste de Europa cunha forza de intervenci\u00f3n r\u00e1pida. Espa\u00f1a e a UE env\u00edan armamento \u00e1 zona de conflito e mesmo doan material militar a Ucra\u00edna. A UE ven de demandar \u00f3s estados membros o progresivo incremento dos seus respectivos presupostos de defensa en plena crise econ\u00f3mica e cando a maior\u00eda da poboaci\u00f3n sofre as consecuencias dos recortes e das pol\u00edticas austericidas.<\/p>\n<p>Non parecen estas manobras en Ucra\u00edna, no <em>limex<\/em> occidental fronte a Rusia, a mellor maneira de contribu\u00edr a rebaixar a tensi\u00f3n internacional en Europa e de responder \u00f3s chamados das Naci\u00f3ns Unidas.<\/p>\n<p>Desde o <strong><em>Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz<\/em><\/strong> (www.sgep.org) facemos un chamamento \u00e1 reflexi\u00f3n e \u00e1 acci\u00f3n, particularmente nas aulas, na defensa do dereito dos pobos \u00e1 paz, \u00f3 dereito humano \u00e1 paz, a\u00ednda pendente de aprobaci\u00f3n, as\u00ed como a soluci\u00f3n pac\u00edfica e negociada dos conflitos nacionais e internacionais.<\/p>\n<p>________________________________<\/p>\n<p><em>Manuel Dios Diz \u2013 Presidente Seminario Galego de Educaci\u00f3n para a Paz, Fundacion Cultura de Paz. Santiago De Compostela, Galicia, Espa\u00f1a. <\/em><em><a target=\"_blank\" href=\"http:\/\/www.sgep.org\" >www.sgep.org<\/a><\/em><\/p>\n<p><a target=\"_blank\" href=\"http:\/\/mdiosdiz.blogspot.com.es\/2014\/09\/21-de-setembro-dia-internacional-da-paz.html?spref=fb\" >Go to Original &#8211; mdiosdiz.com.es<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A paz \u00e9 o cami\u00f1o, e facemos cami\u00f1o \u00f3 andar. A paz \u00e9 un descubrimento, non unha conquista. A guerra e a violencia non son fatalidades biol\u00f3xicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que &#8220;desaprender&#8221; para ser pac\u00edficos, que non submisos, nin s\u00fabditos, nin mansos.  A paz \u00e9 moito m\u00e1is que unha toma de postura, \u00e9 unha aut\u00e9ntica revoluci\u00f3n, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa. <\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46],"tags":[],"class_list":["post-47401","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-original-languages"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/47401","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=47401"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/47401\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=47401"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=47401"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.transcend.org\/tms\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=47401"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}